Paolo Virno – República da Multitude http://antondobao.blogaliza.org Blog de Antón Dobao Thu, 14 Mar 2013 11:44:45 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.1 Que todo o sólido quede esvaecido http://antondobao.blogaliza.org/2010/09/13/que-todo-o-solido-quede-esvaecido/ Mon, 13 Sep 2010 11:50:17 +0000 http://antondobao.blogaliza.org/?p=719 Pero hai a inevitable sensación de que todo se repite. Todo ancorado ao fondo dun tempo que non corre. Dis que a historia camiña; ás veces vénlle ben unha aceleración, que os procesos se revolucionen para que os cambios sexan reais. Mais a frecha non apunta sempre ao mesmo horizonte. Sempre podemos choutar ao pasado. A anacos non vividos do pasado.

A orde nunha sociedade de clases, de propietarios e posuídos, é un valor firme. Orde e progreso era a sentenza preferida do positivismo, tan simple. Concordan os homes de negocios igual que concordou o fascismo. Non perden ocasión para nos dicir que na orde en por si está incluído xa o progreso.

O 11 de setembro fixo nove anos do ataque ás torres e ao Pentágono. Hai algúns anos máis, tamén 11 de setembro, as poutas indisimuladas do capital esgazaron as arterias da experiencia popular chilena, do Presidente Salvador Allende, de todos os seus marabillosos cómplices. En Chile, o fascismo descarnado. Nos Estados Unidos, a coartada para unha reviravolta radical. Despois da salvaxada, un novo fascismo de dobre rostro. Policial e militarizado para o mundo inferior; perverso e de aparencia sutil para o mundo avanzado. Os rostros de Bush, Aznar, Blair e Durão Barroso. Aqueles rostros…

Paolo Virno coida que a Multitude como suxeito histórico, ou sexa, o proletariado moderno, é ambivalente porque no seu proceso político aniña o xerme da liberación, da revolución, da República, pero tamén o do fascismo. A reestruturación catártica do capitalismo en crise exalta na multitude a tendencia ao barullo caótico ao se ver nun espello deformante e crer que a representación é exacta. A destrución de dereitos, aplaudida e alentada polos filósofos de cuarto de hora con cátedra en emisoras de radio, é a manifestación moderada da catarse triunfal. A violencia horizontal é aí outra volta prioritaria. É silenciosa. Ou sexa, non existe para os libros de actas da sociedade do espectáculo aínda que incuba a serpe. As iniciativas racistas de Sarkozy non son contestadas con contundencia. Berlusconi impera. A alternativa a Zapatero é Rajoy. A esquerda segue extasiada ollando para os botes de maquillaxe.

Marx e Engels concibiron o traballo asalariado como un moderno modo de escravitude pactada á forza. Calquera sociedade futura xusta e libre ten que pasar pola súa abolición . A esquerda, por algunha estraña razón máxica, leva décadas sacralizando a escravitude pactada. Toda Folga Xeral impugna o traballo asalariado. E a do 29 de setembro?

Dispersión, incremento -legal ou non- das xornadas laborais, redución salarial, flexibilidade, competitividade, expropiación vital completa, un prezo de mercado para a nosa forza de traballo, dedicación exclusiva, todo sacrificio é pouco para que todos poidamos gozar do maior e máis prezado de todos os bens: un traballo asalariado. A Folga do día 29 non debería impugnar a reforma laboral, senón o comercio da nosa forza de traballo.

O instinto de supervivencia é animal. O capital terá longa vida se deshumaniza, se perfecciona este circo mortal en que a derrota persegue os menos aptos para a supervivencia. A selección natural, chave do coñecemento de nós mesmos e da nosa liberación como humanos, é substituída criminalmente pola selección social. A exclusión permanente como norma. O fascismo como referencia. A solidificación pétrea dunha construción ideolóxica funcional ao interese da propiedade: arriba, o Capital ordena o mundo e as vidas. Abaixo, a multitude agoniza no circo da supervivencia e obedece.

Esa orde ha de ser crebada se o ser humano quere vivir con dignidade. Os discursos teñen que ser combatidos e violentados. Non é certo que para sobrevivirmos sexa necesario que uns poucos se enriquezan infinitamente coa nosa suor, a nosa intelixencia, a nosa habilidade física e a nosa capacidade comunicativa. Non é imposible unha organización social sen sometemento aos caprichos divinos do mercado. Ser esquerda é combater esta falsidade, non axudar á súa constitución en verdade irrebatible. Non se pode organizar o mundo do traballo asalariado sen impugnar o discurso dominante con todas as consecuencias, sen crebar as teas de vidro opacas que nos clausuran as ventás.

O proletariado está desorganizado, fragmentado, satelizado, sen capacidade para recoñecerse nin para profundar na conciencia das súas necesidades. Sen partidos nin sindicatos nin organizacións masivas sometidas á súa vontade colectiva de liberación e de abolición do traballo asalariado é un ermo entregado á maior ofensiva desestruturadora do Capital. O novo fascismo reestrutura, troca dereitos republicanos por falsa sensación de seguridade, reordena o mundo do traballo, atolda o zume da intelixencia e da creatividade e da arte ata a asfixia, reorganiza salarios, beneficios e plusvalías, tortura a semántica, expropia vidas. A Folga Xeral debería impugnar todos os seus principios e as razóns das súas necesidades opresivas. E as súas formas ás veces cínicas e ás veces hipócritas. Non pode ser apenas a protesta contra unha simple reforma que só modifica anteriores reformas pactadas entre os sindicatos maioritarios, os empresarios e o Goberno de España.

O 11 de setembro, por distintas razóns, é unha data de derrotas. Pero o deste ano viu como as Redes Escarlata lle entregaban o VII Premio Vidal Bolaño a Iván Prado e aos seus Pallasos en Rebeldía. Beizón a eles e á memoria de Roberto.

]]>