Berlusconi – República da Multitude http://antondobao.blogaliza.org Blog de Antón Dobao Thu, 14 Mar 2013 11:44:45 +0000 gl-ES hourly 1 https://wordpress.org/?v=4.7.1 Un ser superior para tempos de crise http://antondobao.blogaliza.org/2009/04/13/un-ser-superior-para-tempos-de-crise/ Sun, 12 Apr 2009 23:51:13 +0000 http://antondobao.blogaliza.org/?p=99 Coma Felipe González, que marchaba sen deixarse ir, Florentino Pérez escapou un día da presidencia do Real Madrid e deixou moitos orfos ao redor dos palcos do Santiago Bernabeu. O fútbol é demasiado complexo e impredicible, non ten a lóxica do tráfico de influencias nin dos negocios nin da obra pública; sempre hai algún burato polo que escorre un soño. Nada lles escapa ás leis do azar nin ao feito de que nun xogo de once en equipo non é posible triunfar con individuos con máis talento nos pés que na cabeza e desconectados do colectivo. Ao cabo, o fútbol reproduce procesos sociais. Talvez por iso ofrece a súa dimensión identitaria e non para case nunca de cativarnos. Se cadra por iso é tamén campo de ensaios e de observación.

Felipe González marchou brevemente para regresar por aclamación co cadáver de Marx debaixo do brazo. O PSOE non precisaba matar a Marx para executar as feroces políticas que caracterizaron o Felipismo, mais era preciso o simulacro, a representación. Felipe esixíao: ou todo ou quedades orfos de min. Algo parecido tivo que pensar Florentino Pérez cando decidiu un día triste anunciar atribulado que abandonaba o Real Madrid: marcho, pero sigo a observalo todo e regresarei aclamado porque son a antítese do caos.

E velaí que vén a parousía. Desde hai algo de tempo, a información deportiva e a xeral, veña de Madrid ou da Coruña, esténdenos na mesa o catálogo de artigos que o Ser Superior ofrece a prezo de incalculable orgullo e traerá na súa segunda chegada ao trono branco da sociedade que mellor representa a idea dunha España grande. Tal mercado non admite miudallas. Ninguén ousará violentar o sentido común lembrando, por exemplo, que durante o período en que foi Presidente do Real Madrid Florentino Pérez multiplicou o seu patrimonio persoal por 11. Que para enxugar unha débeda escandalosa do club da españolía se recualificasen terreos e se procedese con fachenda ao exercicio do denominado pelotazo, non só non constitúe demérito senón o sinal definitivo da capacidade de xestión de Florentino. O palco do Santiago Bernabeu foi durante o seu reinado un degorado local de importantes negocios. Ou sexa, o noso personaxe sabe moi ben o que é crear riqueza. Diso da fe a unanimidade de políticos, xornalistas, empresarios, banqueiros, construtores e sindicalistas, todos eles egrexios ocupantes do famoso palco. Nese período, ACS, a empresa que preside Florentino Pérez, tamén quintuplicou os seus activos. Polo menos.

Ou sexa, Florentino é un choiazo. Sábeo mesmo aquel ao que se lle ocorreu asar a manteiga. Desde PRISA ata as empresas de Pedro J. Ramírez (con El Mundo e Marca á cabeza) pasando por algún columnista de Público para quen o señor Pérez é un exemplo de actuación ética e de xestión e resultados brillantes. Todos apuntan na mesma dirección. Para a España que o Real Madrid representa, importa Florentino Pérez, o home elixido, o infalible, o que sabe manexar as institucións en crise, o que disolve o caos, o que regala felicidade.

O mundo vive tempos de crise. Seica o capitalismo está en proceso de ser refundado, e ben, e así virán novas maneiras de dirixir os destinos colectivos da humanidade. Italia adiantouse xa ao seu tempo por tres veces, e Berlusconi recuncou e recuncou para maior felicidade (e sentido do humor) de italianos e italianas. Hai tempo que o empresario decidiu coidar dos seus negocios coas súas mans e non con gobernantes interpostos. A que espera España, logo, para coroar a Florentino Pérez? O interés general ben o merece. Alguén con tanta sabedoría para os negocios, con ese extraordinario don de regalar felicidade dominical aos pobres e riqueza e poder aos ricos é o retrato exacto do gobernante ideal, o filósofo platónico contemporáneo. Un ser superior para tempos de crise. O político que esta época merece.

]]>
Defeat The Fund! http://antondobao.blogaliza.org/2009/04/06/defeat-the-fund/ Mon, 06 Apr 2009 14:51:56 +0000 http://antondobao.blogaliza.org/?p=14

Vén a crise, coma unha vaga devoradora, din desde hai meses, e os asalariados e asalariadas van moderando os seus hábitos de consumo e deixando folgos na febleza dos seus sempre febles salarios. Tiña que vir, a crise; estaba de ser. Non é que os pisos e as vivendas sexan máis accesibles nin nada diso. É máis simple; hai quen recolle a alfombra, envolve con ela o ouro acumulado e vaise gorecer na casiña dos ataques epilépticos do sistema financeiro, as bolsas, o prezo dos cartos, os créditos e o valor dixital que está a plastificar a vella abstracción monetaria. E como seica todo anda perigoso, as grandes (e non tan grandes) multinacionais (e nacionais) acampan ó sol e saborean diñeiro do que se extrae ás rendas do traballo para evitar deslocalizacións, peches, despedimentos, regulacións, conxelacións salariais. Pero non era así xa en tempos en que a crise era unha hiperbólica utopía? E iso que nunca creron no intervencionismo nin na boa saúde do Estado. Os de letras non entendemos nada de economía.

Porque a economía ten as súas regras e dinámicas á marxe do entendemento e das necesidades. Fóra das inconveniencias da política posible, os Bancos Centrais regulan as nosas vidas sen que poidamos, sequera por interposición, intervir nas súas decisións. E pese á súa infalibilidade e á grandeza sideral do mercado, hai crise. Ben o saben os recrutas do anovado exército de reserva. Crise talvez de distanciamento entre os asalariados, e elas, tan asalariadas e tantas sen contrato nin salario, e a liga vital dos seus traballos. E como nada se ama tanto coma aquilo que se perde, coa crise habemos de ir aprendendo que o traballo asalariado é o máximo ben ó que se pode aspirar. Función didáctica e instrumento de dominio e control. Quen viva na hipoteca terá como única meta en tempos de crise non escapar da hipoteca. Hai maior felicidade?

E van e xúntanse en Londres os interpostos dos amos do mundo para salvaren o capitalismo retellándolle algún buraco. E quedan nos salóns balorentos da banca, das entidades financeiras, das oficinas das multinacionais, dos almacéns da miseria, das factorías de explotación, e protéxense con policía e armas dos berros pacíficos dos manifestantes e das súas xoldas lúdicas. E debaten e deciden, cren, Obama e Lula, Zapatero, Sarkozy, Merkel e Berlusconi e outros, e remexen as pezas do dominó e proban a saír con outra ficha. Aínda que as contas teñan que acabar cadrando coma sempre. E entón os medios aplauden a unidade e as decisións progresistas e fálannos unánimes na felicidade de acordos históricos, todo queda refundado e ben fundado, a crise aínda durará pero con tal unidade os problemas minguan. Compromiso é a palabra de orde. Canto desinterese!

Os de letras non entendemos de economía. Por iso será que seguimos buscándolle a agulla de marear ós grandes acordos do G20, ou sexa, dos representantes dos que gobernan o Imperio. Tranquilízanos saber que intentarán dar cos paraísos fiscais. E abraiamos coa decisión de triplicar, co diñeiro expropiado ó traballo asalariado, os fondos do Fondo Monetario Internacional, esa organización democrática que tan ben domina a arte da usura contra os pobres. Como non se nos tería ocorrido!

E así se refunda brillantemente o capitalismo. Con máis capitalismo. E todos, conservadores e socialistas, liberais e socialdemócratas, felices de sorriso progresista e foto con Obama.

E nós para que votaremos?

Benvid@s a esta pequena República da Multitude. É vosa.

]]>