Antón Dobao
(Lugo, 16 de xullo de 1963)
Licenciado en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela.
Escritor, guionista e director.
Desde 1986 é Asesor Lingüista da TVG. Na actualidade desenvolve e dirixe o proxecto de ficción audiovisual Un Mundo de Historias, consistente na produción de longametraxes baseadas en adaptacións de obras do sistema literario galego. É o creador do dito proxecto.
Entre os anos 1995 e 200 foi Profesor Asociado da Facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela. Dispensou a materia Libro de Estilo.
É membro do Comité de Redacción da revista de pensamento crítico A Trabe de Ouro desde a súa fundación.
Obra literaria
É autor de cinco libros de poemas:
Desde o teito da noite (Xerais 1987)
Caderno dos dereitos e das horas (Deputación da Coruña, 1994)
O tempo entre murallas (Xerais 1997)
Materia (Xerais 2005)
Onde o ollar comeza a doer (Sotelo Blanco, 2007)
É autor dun libro de relatos:
Incertos (Xerais 2008)
Participou no libro poético colectivo Xuro que nunca volverei pasar fame, editado pola asociación Redes Escarlata.
Ten publicados poemas e relatos en diferentes revistas e obras colectivas
Obra audiovisual
É creador e director do proxecto de ficción audiovisual Un Mundo de Historias, consistente nos seguintes produtos:
Un Mundo de Historias (miniserie de 7 episodios, da que foi director e guionista), baseada en relatos de Castelao, Rafael Dieste, X.L. Méndez Ferrín, Ánxel Fole, Eduardo Blanco-Amor, Carlos Casares e Ramón Otero Pedrayo
Pataghorobí (produtor executivo), baseada no relato homónimo de Xosé Cid Cabido (2005)
A biblioteca da iguana (director e guionista), baseada no relato homónimo de Xosé Miranda (2005)
O bosque de Levas (director e guionista), baseada na novela homónima de Alfonso Álvarez Cáccamo (2006)
A mariñeira (director e guionista), baseada no relato “A Mariñeira de Quilmas”, de Darío Xohán Cabana. (2007)
O Club da Calceta (director e guionista), baseado na novela homónima de María Reimóndez (2008)
Traducións
Ten publicadas as seguintes traducións literarias:
- A granxa dos animais (Animal Farm), de George Orwell, en Edicións Positivas
- O vaso de prata (El vas de plata), de Antoni Marí, en Sotelo Blanco
- Nove Contos (Nine Stories), de J. D. Salinger, en Sotelo Blanco
- Mr. Vertigo, de Paul Auster, en Sotelo Blanco
- Ferros e ameixas (Ferros i prunes), de Carles Bellsolà, poesía, en Edicións Xerais
- Si menges una llimona sense fer ganyotes, de Sergi Pàmies, en Edicións Xerais





