Blog de Antón Dobao

República da Multitude

O que quede de min…

 

O que quede de min serán obxectos.

Nada.

A duración do derradeiro ollar dorido.

Ben sei que a materia nunca se destrúe,

mais esa lei non atinxe

á que desfigura as mans.

Esa

tende a consumirse

no alento dos obxectos.

Será doado recoller as pertenzas

todas, encaixalas

no recanto dalgún

álbum de fotos, alén dos lugares

en que o ollar nunca parou de doer,

talvez por procurar

unha extensión

incompatible co círculo finito da terra.

Esa ha de ser a herdanza.

O exame formal

dalgún alento nun reloxo, a sentenza:

fóra da mirada nada existe.

Non sei se converterme en bosque.

 

ooocad

  • Xaneiro 2017
    M T W T F S S
    « Mar    
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    3031  
  • LITERARIA

    i

  • AUDIOVISUAL

    claquetas1
  • Add to Technorati Favorites
  • PROLINGUA

    prolingua
  • A NOSA TERRA

  • REBELIÓN