Blog de Antón Dobao

República da Multitude

O Club da Calceta

Cinco mulleres de diferente condición, idade e orixe social, viven as súas vidas ordinarias inzadas de conflitos e frustracións. Todas elas son diferentes, pero hai algo que as aproxima, que as equipara. As súas frustracións, a opresión de diversas caras que sofre cada unha delas, a explotación e a soidade. Son mulleres profundamente desarraigadas, e esta condición sométeas a un desacougo vital que as vai ir conducindo, case que por casualidade, a un lugar común no que as súas historias acabarán confluíndo: un curso de calceta. No curso de calceta no que as cinco se coñecen, comeza un proceso de socialización que as levará, a través da posta en común dos seus conflitos, dos seus temores, das súas frustracións e das súas opresións, tan diferentes e ao mesmo tempo tan semellantes, a ver a posibilidade de que se poidan abrir horizontes de liberación nunca antes sospeitados, nin sequera concibidos no máis feliz dos soños. O segredo para que eses procesos de liberación empecen e avancen está na unidade, en mantérense sempre xuntas, en compartiren penas e alegrías, en o poñeren todo en común. No ámbito do curso de calceta, as cinco mulleres empezan a descubrir que todo é de todas. Todo o que lle afecta ou preocupa a unha delas é tamén motivo de preocupación das outras compañeiras. A solidariedade e a xenerosidade serán fundamentais. O curso de calceta acabará converténdose nun club case secreto no que se van resolver contradicións e antagonismos e grazas ao que se liberarán atrancos que antes lles parecían insalvables. As súas accións quizais poidan parecer sorprendentes, mais ao cabo non serán máis ca a consecuencia lóxica da súa conciencia adquirida, do coñecemento das súas necesidades e da formulación explícita dos seus desexos.

O club da calceta será o ámbito no que a potencia de liberación destas mulleres, e por extensión de todas as mulleres e dos oprimidos, se fará realidade mercé á determinación colectiva, a actuaren coma se fosen un só corpo.

Localizacións
Rodada integramente en Ferrol

Premios
Grande Prémio Famafest 2009

TRÁILER

María Vázquez, Sonia Castelo, Susana Dans, Katia Klein, Mela Casal, Camila Bossa

Monti Castiñeiras, Antonio Durán Morris, Gonzalo Cunill, Alfonso Agra, Mónica Camaño, Antela Cid, Mónica García, Luísa Martínez, Imma Colomer, Paco Campos, Pep Munné, María Tasende, Lúa Testa, Xosé Manuel Esperante, Xoel Fernández, Sheyla Fariña, Isabel Escrigas, César Cambeiro, María Reimóndez, Eva Carreras

Dirección: Antón Dobao
Guión: Antón Dobao

Produción Executiva:  Julio Casal, Mamen Quintas, Albert Sagalés
Dirección de Produción: Mamen Quintas
Dirección de Fotografía: Suso Bello
Dirección de Arte: Alexandra Fernández
Música: Manuel Riveiro

Montaxe e Posprodución: Luis Faraón
Son: Joan Riba
Script: Sandra Serna
Maquillaxe e Perruquería: Eva Fontenla

Baseada na novela O Club da Calceta, de María Reimóndez (Ed. Xerais de Galicia)

O Club da Calceta
Galicia. 2006
Unha Produción de Televisión de Galicia, Ficción Producciones e Diagonal TV

image1

Estrea no Teatro Jofre de Ferrol o día 20 de maio de 2009
  • Xaneiro 2017
    M T W T F S S
    « Mar    
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    3031  
  • LITERARIA

    i

  • AUDIOVISUAL

    claquetas1
  • Add to Technorati Favorites
  • PROLINGUA

    prolingua
  • A NOSA TERRA

  • REBELIÓN