Blog de Antón Dobao

República da Multitude

O Bosque de Levas

Lucía e Alberte son un matrimonio que vive nunha urbanización da periferia urbana, cerca da raia de Galicia e Portugal. Teñen tres fillos adolescentes -Paula, Xosé e Alexandre- que estudan no mesmo instituto onde eles dan clases. A súa é unha vida tranquila, incluso rutineira, nun ambiente familiar distendido e harmónico, até que comezan a suceder cousas estrañas: desaparecen obxectos, os cuartos énchense dun poderoso cheiro a allo e a ninguén na familia lle gusta o allo ou senten ecos vagos a determinadas horas da noite. Ao primeiro non lle dan importancia. Considérano anécdotas. Confórmanse, non sen retranca cómplice,con botarse mutuamente a culpa de ocultar tal ou cal cousa ou de beber anís ás agachadas.Os acontecementos, porén, precipítanse e non lles queda máis remedio que aceptar unha obviedade: hai algo convivindo con eles na súa propia casa.

Localizacións
Roxos, Tui, Baiona, A Guarda, Lavacolla

TRÁILER

César Cambeiro, Alfonso Agra, Mónica Camaño
Carlos Fernández. Nerea Brey, Adrián Seijas, Miquel Ínsua

Dirección: Antón Dobao
Guión: Antón Lopo e Antón Dobao

Produción Executiva: Julio Casal, Mamen Quintas, Albert Sagalés
Dirección de Produción: Mamen Quintas
Dirección de Fotografía: Juan Hernández
Dirección de Arte: Alexandra Fernández e Fernanda Castelo
Música: Arturo Vaquero e Xavi Font

Montaxe e Posprodución: Luis Faraón
Son: Joan Riba
Script: Sandra Serna
Maquillaxe e Perruquería: Trini F. Silva

Baseada na novela O Bosque de Levas, de Alfonso Álvarez Cáccamo (Editorial Galaxia)

O Bosque de Levas
Galicia. 2006
Unha Produción de Televisión de Galicia, Ficción Producciones, TVC e Diagonal TV

  • Xaneiro 2017
    M T W T F S S
    « Mar    
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    3031  
  • LITERARIA

    i

  • AUDIOVISUAL

    claquetas1
  • Add to Technorati Favorites
  • PROLINGUA

    prolingua
  • A NOSA TERRA

  • REBELIÓN