Blog de Antón Dobao

República da Multitude

Imprescindibles

 

Algúns homes

recompoñen o tempo con area.

Outros

atravesan con paciencia insistente a materia

arman andamios

sometidos

labran embelgas no mar a man

derrota.

Falo de homes e mulleres

e non por emular a Brecht

a quen admiro para aló do tempo

na memoria compartida coas guerrillas exiliadas da historia.

Fágoo por excluír do meu vocabulario

a designación dos rostros que contorna o tafo

de plusvalía

fundación de libre pensamento

para escribir o poema ideal.

O poema ideal.

Tal beleza.

Por iso busco as formas de dicir

os seres que beben peso de rizón

en vaso de chumbo

cospen o mal dos anos

en panos tecidos de adeus e de nunca.

Entoan todo canto

coas regañas que lles van asolagando os ollos

tan bébedos.

Eses son os imprescindibles.

m

  • Xaneiro 2017
    M T W T F S S
    « Mar    
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    3031  
  • LITERARIA

    i

  • AUDIOVISUAL

    claquetas1
  • Add to Technorati Favorites
  • PROLINGUA

    prolingua
  • A NOSA TERRA

  • REBELIÓN