Blog de Antón Dobao

República da Multitude

Impenetrable desde fóra…

 

Impenetrable desde fóra;

no interior, a transparencia doce do carballo.

Ninguén vén.

Quizais porque fóra non existe

ou a existencia é un buraco afiado con brocas de luz.

E luces non se ven.

Por moito que apalpo con tento preciso

a rugosidade flexible

das paredes.

Debeu ser fermoso algunha vez ese exterior.

Sentar nunha pedra de arxila

para fumegar as horas de descanso.

Se cadra o tacto presuntuoso dun material descoñecido.

Aquela distancia insuperable

entre o xantar ao aire libre

e unha enorme culler de acivro

de escavar e engulir. Tanta liberdade

na mornura encol da pedra arxilosa.

Parecía mesmo que a vida non se entende

sen a súa natural eternidade.

Páxina tras páxina, unha camada sobre a outra,

faltaba idade para comprender.

Dentro xa non quedan segredos;

de pouco serviría vivir no fascinio

dun exterior escravo para sempre do furacán.

Dentro xa é todo visible.

 ooocad

 

  • Xaneiro 2017
    M T W T F S S
    « Mar    
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    3031  
  • LITERARIA

    i

  • AUDIOVISUAL

    claquetas1
  • Add to Technorati Favorites
  • PROLINGUA

    prolingua
  • A NOSA TERRA

  • REBELIÓN