Blog de Antón Dobao

República da Multitude

Incertos

Incertos

Edicións Xerais de Galicia (2008)

Colección EDICIÓN LITERARIA – NARRATIVA

Estes contos incertos apuntan ao horizonte do que non é predicible. Son trece historias nas que o extraordinario, o inesperado, acaba por se converter na marca distintiva dunhas vidas aparentemente normais. Porque nada do aparente é real, e a realidade habita outras dimensións. Nestes relatos, as personaxes non son apenas monecos nas mans dun fado caprichoso, senón que tecen a súa vontade, cos seus actos, cos seus desexos e os seus temores, as encrucilladas en que se verán atrapadas as súas vidas. Para o lector, o inesperado accede en toda a súa naturalidade, con toda a crueldade, con absoluta fereza; fai agromar os recantos menos coñecidos evidenciando o principio de incerteza. Mais sobre todas estas historias aboia inevitablemente aquilo que nos caracteriza como humanos: a necesidade de comunicar, de amar, de negar a presenza imperial da morte. E as múltiples faces do poder. 

 

 

“Non sabía, pobriño doutor, que nunha lectura podía ser levado a un futuro no que el non sería el senón un dos seus captores, ou a un pasado no que as decisións amorosas no medio do odio resultan máis perigosas que o odio mesmo ou a toma de partido. Non imaxinaba, nin podería lembrar porque el non lera (non lía, para sermos precisos), aquelas explosións que deitaran ósos e restos humanos pola contorna do cemiterio de Trasmonte con resultados lóxicos, nin aqueloutra historia fermosa do profesor co mesmo apelido que o paciente, aqueloutra historia co título que lle lembrou un dos seus debuxos preferidos de Castelao, aqueloutra historia do catedrático que sabía ver a morte dos seres queridos; non pensou o doutor, polo tanto, no castigo que aquel don, dote ou como queira chamarse pode supoñer: “A derradeira lección”, ese era o título da aqueloutra. Había máis relatos magníficos alí dentro, dende o principio estaba un advertido, por exemplo, de que a realidade podía escorregar como auga entre as mans e levar a decisións horrorosamente razonables, e xa na primeira lectura sen interrupcións, moito tempo atrás, antes de desfacer a casa, o vello -que aínda non o era -lembrou algunha gravación de Cortázar léndose a si mesmo, ou aquela historia de Lobo Antunes, a do pai que cambiaba de familia o domingo nun centro comercial pero seguía coa súa vida sen alteracións aparentes. “

Rubén Ruibal en Alicia Crece

 

“Varios espellismos poden desorientarnos ao lermos este libro. Varios espellismos, ou tentacións. Unha, a de supormos, xa que se trata do primeiro libro de relatos do autor, que é o libro dun nóvel. Porén, xa na segunda páxina decatámonos do noso erro. O autor ten oficio e sabe narrar. Se non nolo din, nunca aceptaríamos que é unha opera prima: a habelencia na creación de atmosferas, o tratamento da frase, a construcción dos personaxes fannos crer o contrario. O segundo espellismo é o de crer que estamos fronte a unha obra do xénero fantástico. En puridade, non é así. Unha boa mada de relatos está máis ben no ronsel de Edgar Poe, do Cortázar de Casa tomada ou de Rafael Dieste ca no de Lovecraft, Borges ou Fole. Trátase da literatura dos límites, da literatura do estraño ou dunha caste de realismo mutado.”

Xosé Miranda en A Vella da Manta e A Nosa Terra

 

“Todo pode ocorrer. Todo é posible. Na realidade hai acontecementos previsibles, pero sempre hai tamén un elemento moi grande de incerteza, de non saber o que vai pasar. “

Entrevista en Galicia Hoxe 

  • Xaneiro 2017
    M T W T F S S
    « Mar    
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    3031  
  • LITERARIA

    i

  • AUDIOVISUAL

    claquetas1
  • Add to Technorati Favorites
  • PROLINGUA

    prolingua
  • A NOSA TERRA

  • REBELIÓN