Blog de Antón Dobao

República da Multitude

A Biblioteca da Iguana

Andrés é un profesor universitario, especializado en literatura. Un día descobre unha anomalía na novela que adquiriu para se entreter nun longo voo: na páxina 43, o que comezou coma unha novela seria e harmoniosa convértese nunha disparatada aventura, coma se o libro se desdobrase dunha forma moi estraña, probablemente resultado dun experimento creativo, unha acción literaria vangardista. A novela titúlase A biblioteca da Iguana. Ao chegar á casa, Andrés descobre que os libros de texto do seu fillo conteñen informacións disparatadas que están a desconcertar o neno. Cada exemplar da mesma edición contén erros diferentes. Desconcertado, decide falar con Rosalía, unha vella amiga, coa que confirma as súas sospeitas. Comezan os dous unha investigación por librerías e bibliotecas na que baten coas versións máis absurdas dos clásicos da literatura, falsas biografías e textos estraños. Cando se decatan do que está a acontecer o problema xa se estendeu a outros ámbitos da comunicación social. A realidade está a ser alterada, parece evidente: Se se modifican os textos, a historia, a prensa, xa non será posible discernir entre o real e o inventado por ese cerebro perverso e omnipotente que está a destruír o mundo como o coñecen Andrés e Rosalía. Asemade, unha gran multinacional da comunicación prepara un proxecto que pode revolucionar o mercado, mentres un colectivo literario alternativo está a punto de editar unha novela como parte dunha campaña a favor da libre difusión da produción cultural. A policía, pola súa parte, investiga diversas pistas que quizais teñan algo que ver con todo o que ocorre. Ou quizais non…

Evaristo Calvo, Mónica Camaño, Carlos Fernández
Núria Prims, Víctor Mosqueira
Luísa Martínez, Mónica García, Pepe Soto, Alfonso Agra, Monti Castiñeiras, Xosé Manuel Olveira “Pico”, Marcos Viéitez
 
Dirección: Antón Dobao
Guión: Miguelanxo Prado e Antón Dobao

Produción Executiva: Julio Casal e Mamen Quintas
Dirección de Produción: Mamen Quintas
Dirección de Fotografía: Alberto Goitia
Dirección de Arte: Marta Villar
Música: Safari Orquestra e Arturo Vaquero

Montaxe e Posprodución: Joserra Lorenzo
Son: Miguel Seixo
Script: Xosé Antón Perozo
Maquillaxe e Perruquería: Paloma Nieblas

Baseada no conto “A Biblioteca da Iguana”, de Xosé Miranda (Ed. Xerais)

A Biblioteca da Iguana

Bótalle un ollo ao tráiler

Galicia. 2005

Unha Produción de Televisión de Galicia e Ficción Producciones

  • Xaneiro 2017
    M T W T F S S
    « Mar    
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    3031  
  • LITERARIA

    i

  • AUDIOVISUAL

    claquetas1
  • Add to Technorati Favorites
  • PROLINGUA

    prolingua
  • A NOSA TERRA

  • REBELIÓN